arrastreiro

arrastreiro

(

  1. s m [PESCA]

    Barco utilizado na pesca de arrastre.

  2. buque arrastreiro [PESCA]

    Tipo de embarcación que faena en augas sudafricanas e no Océano Índico, que ten unha media de 550 toneladas de rexistro bruto e unha tripulación de 26 homes. Está dedicado fundamentalmente á captura e conxelación de pescada, polbo e marisco, para o seu posterior procesamento nas industrias de terra. O porto con maior número de arrastreiros é Vigo, o principal porto pesqueiro de Europa, xunto coa Coruña, Cangas e Marín. OBS: Tamén se denomina arrastreiro conxelador.

Palabras veciñas

arrastrado -da | arrastrar | arrastre | arrastreiro | arrastrón | arrau | Arrau, Claudio