arresto
(< arrestar)
-
s
m
Acción e efecto de arrestar.
-
s
m
[DER]
Pena de privación de liberdade dunha persoa durante un período breve de tempo, imposta polas autoridades civís ou militares.
Ex: O xuíz ordenou o arresto do sospeitoso en espera da decisión do xurado.
Confrontacións: detención, encarceramento, reclusión. -
arresto de fin de semana
[DER]
Pena prevista no Código Penal que consiste na privación de liberdade e o internamento en prisión, desde unha a vinte e catro fins de semana consecutivas, cunha duración de trinta e seis horas cada unha. Esta pena substitúe as penas de arresto maior e menor previstas no anterior Código Penal.
-
arresto domicialiario
[DER]
Arresto menor que o reo cumpre no propio domicilio.
-
arresto gobernativo
[DER]
Sanción administrativa, diferente da detención, que podía decretar o gobernador civil, o director xeral de seguridade ou o ministro da Gobernación en substitución do pagamento das multas. A Constitución Española, que non admite máis forma de privación da liberdade que a imposta polos xuíces ou polos tribunais, aboliu esa figura penal.
-
arresto maior
[DER]
Pena de reclusión aplicable á comisión de determinados delitos que pode durar dende un mes e un día ata seis meses. Esta pena prescribía aos cinco anos e xa non existe na actual lexislación penal española.
-
arresto menor
[DER]
Pena de carácter leve aplicable á comisión de determinadas faltas que pode durar dende un ata trinta días. O tribunal pode autorizar que o reo a cumpra no propio domicilio. Esta pena prescribía aos seis meses e xa non existe na actual lexislación penal española.