Arrupe y Gondra, Pedro
Xesuíta vasco. Interrompidos os seus estudios de Medicina para ingresar na Compañía de Xesús (1927), continuou logo estudios de Filosofía e Teoloxía, primeiro en España (ata a expulsión da orde en 1932) e logo en Bélxica, Holanda e EE UU. Foi ordenado sacerdote en 1936. O 25 de maio de 1965 foi elixido prepósito xeral, máxima autoridade dentro da orde. Renovador da Compañía, destacou polo seu esforzo por aplicar as directrices do Concilio Vaticano II e polos seus documentos sobre a promoción do proletariado e a integración racial, como exemplifican a carta aos superiores de América Latina (1966), a carta aos xesuítas norteamericanos (1967) e a carta asinada conxuntamente cos provinciais xesuítas de América Latina (1968). En 1980 presentou a súa renuncia, que foi rexeitada polo Papa. Renunciou definitivamente en 1983, alegando motivos de saúde.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bilbao -
Deceso
Lugar : Vaticano