Ars magna
Ars magna
Tratado de álxebra de Gerolamo Cardano, editado en Nuremberg en 1545. É o primeiro tratado de teoría sistemática de ecuacións; así mesmo, contén os traballos posteriores do seu discípulo Ludovico Ferrari, co estudo das ecuacións de cuarto grao e as súas solucións.