arse
arse
(< lat arsis < gr ἄρσις‘elevación’)
s
f
[MÚS/LIT]
Termo da métrica grega que designaba a sílaba ou sílabas breves, elementos non caracterizados do pé, cos que se regulaba o ritmo do verso. Posteriormente, ao desaparecer a cantidade vocálica en favor da intensidade, a arse pasou a ser a sílaba na que recae o acento rítmico. Os músicos actuais, especialmente os teóricos do canto gregoriano, volveron á primitiva significación.