arsenical
(< arsénico)
-
adx
[QUÍM]
Relativo ou pertencente ao arsénico; que contén arsénico.
-
s
m
[QUÍM]
Substancia de aplicación terapéutica que contén arsénico na súa molécula. Os compostos arsenicais poden divididirse en dous grandes grupos: os minerais e os orgánicos. Entre os arsenicais minerais están o triioduro de arsénico (AsI 3 ), do que se obtén unha solución, o licor de Donovan, empregada no tratamento dalgunhas dermatoses; o trióxido de arsénico, que se usa para fins medicinais en forma de solución, denominada licor de Boudin. Os arsenicais orgánicos poden ser acíclicos como o arrenal (metilarsonato disódico) e os cacodilatos de sodio e de ferro empregados nos estados de desnutrición e anemia; son menos tóxicos ca os arseniais dun anel bencénico, como o atoxilo (sal do ácido arsanílico), e os de dous aneis bencénicos, como a arsfenamina e neoarsfenamina.
-
caldo arsenical
[AGR]
Insecticida preparado a base de arseniatos de chumbo e calcio con auga e melazas.
-
cebo arsenical
[AGR]
Cebo empregado para atraer moscas, formigas, lesmas, caracois, etc, preparado con arseniato e arsenito sódicos principalmente, empregado antigamente.
-
níquel arsenical
[MINERAL]
niquelina.