arsina

arsina
  1. s f [QUÍM]

    Gas incoloro de olor aliáceo, obtido pola acción dos ácidos sobre arseniuros metálicos. É o produto que se identifica co ensaio de Marsh. A arsina utilízase en síntese orgánica para fabricar gases velenosos de guerra e como axente de excitación (dopaxe) de semicondutores para electrónica.

  2. s f [QUÍM]

    Por extensión, calquera dos derivados da arsina (hidruro de arsénico, AsH 3 ) por substitución progresiva dos hidróxenos por radicais orgánicos. Segundo o número de hidróxenos substituídos, divídense en arsinas primarias RAsH 2 , arsinas secundarias RR’AsH e arsinas terciarias RR’R”As. Os produtos de substitución do hidróxeno polos halóxenos nas moléculas das arsinas primarias e secundarias, así como os produtos de adición haloxenados das secundarias e terciarias, denomínanse haloxenoarsinas; moitas delas empréganse como agresivos químicos, por exemplo a metildicloroarsina e a lewisita, usadas durante a Primeira Guerra Mundial.