Artemática

Artemática

Produtora cinematográfica especializada na elaboración de proxectos e guións no sector audiovisual galego, integrada na AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes). Participou na produción das curtametraxes Sitcom show (1995), Paranoia dixital (1996), Aínda máis difícil (1997) e Sandra (1999). Xunto aos proxectos xa desenvolvidos, Prisciliano e Marina, axúntanse outras longametraxes en período de produción como El bosque animado, filme de debuxos animados baseado na novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez e Los muertos van deprisa. Amais da súa propia produción, colabora puntualmente con outras produtoras como Iskra, Dygra Produciones, Video Voz, Continental Produciones e Produtora Faro.

Palabras veciñas

artello | Artello | artelo -la | Artemática | artemexón | Artemia | Artemidoro de Éfeso