Artemia

Artemia
[ANIMAL]

Xénero de crustáceos branquiópodos da orde dos anostráceos que viven nas augas de salinas ou lagos salgados. Pode vivir en condicións de salinidade moi variables, ata concentracións de 200 g de sal por litro de auga. Presenta razas partenoxenéticas e poliploides, cun número de cromosomas moi variable.

Palabras veciñas

artelo -la | Artemática | artemexón | Artemia | Artemidoro de Éfeso | Ártemis | artemisa