Ártemis

Ártemis

Deusa grega da natureza e da caza. Irmá xemelga de Apolo, filla de Zeus e Latona, identificada coa deusa da Lúa, Hécate. Deusa da castidade, de carácter cruel e vingativo, atribuíanselle as mortes repentinas. A iconografía clásica preséntaa con túnica longa e cabeleira solta (Ártemis de Delos, Museo Nacional de Atenas); o modelo clásico establecido a partir do s IV a C, represéntaa con arco e frechas, túnica curta e formando grupo cun cervo ou uns cans, de tipo praxiteliano (Ártemis de Versalles, chamada tamén Diana cazadora, Musée du Louvre, París). En Éfeso, como deusa da fecundidade, aparece con diadema e abundantes peitos. Posteriormente, identificouse coa Diana romana, confundíndose as respectivas iconografías.

Palabras veciñas

artemexón | Artemia | Artemidoro de Éfeso | Ártemis | artemisa | Artemisa | Artemisia