Ártico, Océano

Ártico, Océano

O máis setentrional dos océanos, comprendido entre o Polo Norte e os 70° de latitude N (14.089.000 km2). É subsidiario do Atlántico e está virtualmente rodeado por Noruega, Rusia, Alasca e Canadá. Comunica co Océano Atlántico polos dous costados de Grenlandia a través da baía de Baffin, o estreito de Davis e o mar do Labrador polo O, polo mar de Grenlandia e o mar de Noruega polo L e co Pacífico a través do estreito de Bering. A plataforma continental é ampla nas costas europea e asiática, e estreita na costa americana. A profundidade máxima é de 5.355 m e a media de 1.625 m. A influencia dos ríos Mackenzie, Lena, Ienisei e Obi e a escasa evaporación nas rexións árticas provoca unha forte circulación das augas principalmente cara ao Atlántico, onde se forman as correntes frías de Grenlandia e a cálida do Atlántico setentrional. Os icebergs formados nos glaciares de Grenlandia teñen grandes dimensións e son transportados cara ao sur polas correntes frías. A salinidade é a máis baixa de todos os océanos (33%), debido á escasa evaporación.

Palabras veciñas

Artibonite | Árticas, Terras | ártico -ca | Ártico, Océano | ártico-alpino -na | articulable | articulación