articulación

articulación

(

  1. [ANAT]
    1. s f

      Zona de unión entre dúas partes ríxidas do esqueleto dun animal (ósos, artellos) que lle dá mobilidade. As articulacións óseas están constituídas principalmente por: superficies articulares, partes dos ósos que están en contacto; cartilaxes articulares, que recobren as superficies articulares e protexen do desgaste; ligamentos articulares, que manteñen en contacto as superficies articulares; cápsula articular ou sinovial, que limita a articulación e segrega a sinovia que a lubrifica. Considéranse tres tipos de articulacións óseas segundo o grao de mobilidade: as sinartroses, inmóbiles, como as articulacións dos ósos do cranio; as anfiartroses, que teñen movementos de balanceo, como as articulacións das vértebras e da sínfise púbica; e as diartroses, de movementos amplos, como as articulacións do xeonllo e do cóbado.

    2. articulación de Chopart

      Articulación do calcaño e do astrágalo humano co tarso.

    3. articulación de Cruveilhier

      Articulación alantoodontoidal humana.

    4. articulación de Lisfranc

      Articulación tarsometatarsiana do ser humano.

  2. s f [BOT]

    Nó ben diferenciado que separa dous segmentos dun órgano vexetal.

  3. s f [CONSTR]

    Unión móbil entre dúas pezas que lles permite un desprazamento angular recíproco, a transmisión de esforzos de tracción ou compresión, pero non pares de torsión. O desprazamento pode estar limitado só a un plano, como é o caso das bisagras, dos garfos, das unións biela-manivela, etc, ou pode atinxir un ámbito espacial relativamente amplo, como é o caso das rótulas.

    Ex: O tren de xoguete que che regalei ten articulacións entre os vagóns para poder xiralo.

    Sinónimos: xoga, xogo, xuntura.
  4. s f [DER]

    Acción de enunciar en artigos separados.

    Ex: A articulación dos motivos dun recurso durou dúas horas.

  5. [LING]
    1. s f

      Posición e movementos, activos e pasivos, globais dos órganos da fala na emisión de cadeas fónicas identificables e significativas respecto ao repouso relativo. Na fonética tradicional, sóense distinguir tres tipos de trazos articulatorios: o punto, o modo e o tempo de articulación. O punto de articulación fai referencia ao lugar no que se aplican os órganos de fonación para producir un son. O modo de articulación indica o grao de abertura dos órganos. O tempo de articulación clasifícase en tres etapas ou momentos case sempre ben diferenciados: intensión, tensión e distensión.

      Sinónimos: pronuncia, pronunciación.
    2. dobre articulación

      Na terminoloxía de André Martinet, proceso onomasiolóxico de conversión de toda entidade informativa en unidade lingüística. Segundo este autor consta de dúas fases, unha primeira de conversión en monemas: /cor/, /de/, /mel/, e unha segunda de linealización total en forma de fonemas: /k/, /ó/, /R/; /d/, /e/, /m/; /e/, /l/.

  6. s f [MÚS]

    Emisións dos diversos sons dun fragmento musical de maneira que se poidan percibir diferenciados tanto se se trata dun legato como dun staccato. O termo aplícase sobre todo á voz humana, pero tamén á técnica de determinados instrumentos de vento (frauta, órgano, etc).