articulado -da

articulado -da

(

  1. adx

    Que ten articulacións ou segmentos unidos por articulacións.

    Ex: Levaron a Marte un vehículo articulado para explorar a súa composición.

  2. adx

    Expresado en artigos, feito de partes que se complementan mutuamente.

    Ex: Presentou un traballo con todos os capítulos ben articulados.

  3. s m [DER]

    Conxunto de artigos dunha lei, tratado, regulamento, etc.

    Ex: O articulado desa lei aparece resumido ó final do libro de Dereito.

  4. [ANIMAL]
    1. s m

      Individuo do grupo dos articulados.

    2. s m pl

      Antigamente, gran grupo de animais invertebrados que reunía os anélidos e os artrópodos, todos eles coa característica común de ter o corpo composto de segmentos articulados.

  5. linguaxe articulada [LING]

    Forma de expresión oral humana caracterizada pola sucesión de trazos convencionais, diferentes, contrastables, identificables e, polo tanto, analizables nos seus compoñentes.