Aruba
Aruba
Illa do mar das Antillas, situada fronte á costa de Venezuela (193 km2; 84.000 h [estim 1997]) a 13° de latitude N e 70° de lonxitude O. A principal actividade económica é o refinado de petróleo importado de Venezuela. As principais cidades son Sint Nicolaas, ao S da illa, e a capital, Oranjestad (20.046 h [1991]), no O. Formou parte das Antillas Neerlandesas ata o 1 de xaneiro de 1986, data na que conseguiu a aplicación do estatuto de autonomía. Malia que a independencia estaba prevista para 1996, mantense no ámbito do Reino dos Países Baixos, aínda que de acordo co estatuto de 1986, o seu gobernador ten plenos poderes para os asuntos exteriores.