Arume

Arume

Grupo de teatro afeccionado creado en 1978 en Pontevedra, vencellado ás comunidades cristiás de base. Realiza unha interesante labor de animación teatral producindo espectáculos en galego e castelán, baixo a dirección de Juan García Lorenzo. Entre as súas propostas cómpre destacar A paixón do señor, espectáculo no que participan un elevado número de actores e actrices e que foi representado en numerosas localidades tanto de Galicia, como do resto da Península Ibérica.

Palabras veciñas

aruma | 1 arume | 2 arume | Arume | Arume | Arume, Asociación Cultural | arumia