Arume, Asociación Cultural

Arume, Asociación Cultural

Institución creada en abril de 1982 en Berdillo, concello de Carballo. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento cultural, así como á súa difusión e promoción no medio rural fomentando a participación en diversas actividades de carácter lúdico e cultural: de música, baile, teatro, cociña, fotografía, horticultura, corte e confección, deporte ou educación de adultos, entre outros. A asociación conta con varios grupos de música e baile tradicional: Bilitroque e Pinalla (baile), Arume e Chorima (cantareiras), Os Chumbalóns (cantareiros), amais dun grupo de gaiteiros, a agrupación teatral Arume Treatro e o Grupo de Cámara de Berdillo dedicado ao arranxo e interpretación de música irlandesa, centroeuropea, española e galega, ben tradicional ou ben de autores dos séculos XVII-XX.

Palabras veciñas

2 arume | Arume | Arume | Arume, Asociación Cultural | arumia | Arunachal Pradesh | Arundel, condado de