Arundel, condado de
Arundel, condado de
Título feudal inglés concedido a Richard Fitzalan (morto en 1302), que loitou a prol do Rei Eduardo I contra galeses e escoceses. O seu neto e terceiro conde, Richard Fitzalan (morto en 1376) foi rexente de Inglaterra no 1355. O duodécimo conde Henry Fitzalan (morto en 1580) foi o xefe da nobreza católica durante o reinado de Isabel I. Este tratamento, o primeiro título condal de Inglaterra, pasou aos seus descendentes, que aínda o ostentan.