arxentina

arxentina

(

Nome científico: [Argentina sphyraena, Fam dos arxentínidos]
s f [ANIMAL/ICT]

Peixe de corpo cilíndrico, arredondado na zona ventral, cuberto de escamas grandes e rugosas, con pequenas espiñas, que mide arredor dos 20 cm de lonxitude total. A boca é pequena e os ollos grandes. Ten dúas aletas dorsais; unha situada á mesma altura ca as pélvicas, e outra adiposa á altura da aleta anal. O dorso é de cor verde clara e o resto é prateado con brillo nacarado. Vive en augas continentais, a profundidades de 450 m, onde se alimenta de poliquetos, moluscos, crustáceos, peixes e invertebrados peláxicos.