Asá

Asá

Terceiro Rei de Xudá (912-871/870 a C), fillo e sucesor de Abías. En loita permanente con Baxá, Rei de Israel, fortificou o territorio de Xudá e rexeitou os ataques dos cuixitas e dos israelís. O seu pacto con Benhadad, Rei de Aram, valeulle a reprobación do profeta Hananí. Loitou por abolir a idolatría que consentiran os seus antecesores.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : IX a C