Asadur, Santa Mariña de

Asadur, Santa Mariña de

Mosteiro feminino situado na parroquia de Asadur, no actual concello de Maceda. Tivo como ilustre membro da súa comunidade á infanta dona Ximena, filla de Ordoño II e da Raíña Elvira. Sabemos da súa presenza no cenobio de Asadur por un documento de 935 conservado no tombo de Celanova. Este mosteiro conta cunha colección de pergameos, hoxe en día gardada no Arquivo da Catedral de Ourense, e composta de 31 documentos en lingua latina e romance datados entre os anos 1191 e 1542. Esta colección foi editada por Emilio Duro Peña en 1973.

Palabras veciñas

asador -ra | Asados | Asadur | Asadur, Santa Mariña de | asadura | asafétida | asafia