Aš’arī, al-
Un dos máis notables teólogos do Islam. Discípulo de al- Palatino; Ǧ ubbā’ī na escola mutazilita de Basora, que abandonou (912) a causa dun criterio diferente sobre a predestinación e renegou publicamente das súas interpretacións racionalistas que defendían a substitución da fe pola razón. Iniciou a escolástica ortodoxa do Islam, defendeu a existencia dos atributos divinos, definiu o Alcorán como a palabra eterna e increada de Deus e sostivo a responsabilidade divina nos actos humanos que, creados por Deus, son aceptados polos homes, feito que os fai merecedores de premios ou castigos. Autor de abundantes obras, moitas delas perdéronse. Na súa obra destaca o Maqālat al- islāmiyyīn (As opinións dos musulmáns), comentario obxectivo de todas as doutrinas dogmáticas do seu tempo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Basora, actual Iraq