asbesto
asbesto
(< lat asbestu < gr ἀσβέστος‘que non pode arder’)
s
m
[MINERAL]
Tipo de amianto, de fibras finas e paralelas, de brillo sedoso e cores tornasoladas. Fórmase á esquerda da serpentina coas fibras perpendiculares á fenda. Explótase en Quebec, Transvaal e Cimbabue, e emprégase na industria e na construción polas súas calidades de resistencia aos ácidos e á calor. A súa manipulación pode producir asbestose.