áscari

áscari

(<ár ascarī ‘soldado’)

  1. s m [HIST]

    Nome que os exploradores e caravaneiros de África oriental lles daban aos homes armados que os protexían.

  2. s m [HIST]

    No s XVIII soldado do corpo de infantería que creou o Sultán de Marrocos Sidī Muḥamad e que deu orixe á súa garda persoal.

  3. s m [HIST]

    Nos ss XIX e XX, soldado indíxena recrutado polas tropas coloniais de diversas potencias europeas en países de tradición islámica, como as tropas italianas de Eritrea, Somalia e Arabia (1889-1942) ou as alemanas de África Oriental (1890-1918).

Palabras veciñas

asbolita | ascaláfido | Ascania | áscari | ascaricida | ascáride | ascaridíase