Ascensión, illa da
Ascensión, illa da
Illa do Atlántico Sur que depende administrativamente da colonia británica de Santa Helena (88 km2 1.117 h [1993]). É de orixe volcánica e está situada a 1.600 km do cabo Palmas, en Liberia. A illa goza dun clima tropical temperado polos ventos alisios do SL. A capital é Georgetown. Foi descuberta polo portugués João de Nova o día da Ascensión de 1501. Os ingleses ocupárona en 1815 e foi administrada polo almirantado británico ata finais de 1922; logo foi anexionada a Santa Helena.