Áscoli Piceno

Áscoli Piceno

Capital da provincia de Áscoli Piceno, nas Marcas, Italia, situada na confluencia dos ríos Trento e Castellano (52.415 h [1997]). É o centro comercial dunha ampla área agrícola. Foi a antiga Asculum, capital dos piceni, populus conquistado polos romanos no 286 a C. Participou activamente na guerra entre Roma e os seus antigos aliados (91 a C). Despois de ser ocupada polos godos (contra o 544) e polos lombardos, que a incorporan ao ducado de Spoleto, a cidade foi gobernada sucesivamente polos bispos locais ata que se constituíu en comuna libre no 1185. Durante os ss XIV e XV foi gobernada por señores feudais leigos, ata que no 1504 se estableceu nela o dominio pontificio, que durou deica 1860. Durante o período napoleónico a cidade formou parte do Reino de Italia.