asesor -ra

asesor -ra

(< lat assessore ‘o que se senta ó lado’)

  1. adx e s

    Que ou quen polo seu coñecemento especial dun asunto, dunha materia, etc, se encarga de dar un consello, de ilustrar, de asistir nunha tarefa, nunha empresa, nunha decisión, etc.

    Ex: O seu asesor aconselloulle que respondese con amabilidade á prensa. O colexio ten á súa disposición un equipo asesor para resolver problemas xurídicos.

  2. s m [HIST/ADM]

    Oficial de creación real (s XIV) e que, xuntamente co alguacil, un escribán e un porteiro, constituía a curia do gobernador xeral da Coroa de Aragón. Tiña que ser natural do Reino e xurista experto en foros e dereito. O Consello Supremo era o responsable de escollelo a proposta do lugartenente do Reino entre os doutores da audiencia e os lugartenentes da Corte de Xustiza. Estaba considerado o segundo en categoría entre os cargos da administración de xustiza de cada un dos reinos e ata podía presidir a audiencia. O cargo desapareceu coa aplicación dos decretos de Nova Planta.

  3. asesor publicitario [COMUN]

    Profesional da publicidade con gran experiencia, que traballa para unha axencia de comunicación e que actúa como consultor publicitario para un anunciante, aconsellándoo sobre o deseño de campañas publicitarias.

Palabras veciñas

asertor -ra | asertorio -ria | Asesino, O | asesor -ra | asesoramento | asesorar | asesoría