Ashbee, Charles Robert
Prateiro e arquitecto inglés. Discípulo de John Ruskin e William Morris. Fundou a Guil and School of Handicraft (1887) e a sociedade Arts and Crafts (1888). Foi un dos primeiros en facer notar os perigos do maquinismo para a creación artística. Participou nas exposicións de Bruxelas (1894) e Turín (1902) con obras que, fronte á exuberancia do Modernismo, se consideran precursoras do deseño industrial pola súa lixeireza e sobriedade. Entre as súas obras teóricas cómpre citar A Few Chapters on Workshop Reconstrution and Citizenship (Algúns capítulos sobre a reconstrución industrial e cidadá, 1894), An Endeavour Towards the Teaching of John Ruskin and William Morris (Consideracións sobre o maxisterio de John Ruskin e William Morris, 1901), Should We Stop Teaching Art? (Deberiamos deixar de ensinar a arte?, 1911). Entre as súas obras salientan as casas no Chelsea Embankement (1894), e a súa en Cheyne Walk (1904); os seus obxectos de prata consérvanse no Victoria and Albert Museum de Londres.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Isleworth, Middlesex -
Deceso
Lugar : Londres