asignación

asignación

(

  1. s f

    Acción e resultado de asignar.

    Ex: A asignación de cargos foi rápida.

    Sinónimos: adxudicación. Confrontacións: atribución.
  2. s f

    Cantidade asignada como salario ou outro concepto.

    Ex: Recibe unha asignación semanal dos seus pais.

  3. [INFORM]
    1. táboa de asignación.

    2. unidade de asignación.

  4. asignación de recursos [ECON]

    Selección por parte dun suxeito económico dos bens a producir para tratar de satisfacer directa ou indirectamente as necesidades humanas. Esta selección afecta fundamentalmente aos produtos, é dicir, a decisión recae sobre qué bens é necesario producir para satisfacer as necesidades que se poden considerar prioritarias para unha sociedade formada historicamente. Polo tanto, cómpre comparar nos tempos disponibilidades de produción con necesidades prioritarias para unha sociedade e despois valorar. A análise económica da asignación formulada polos economistas que aceptan o sistema capitalista, baséase nun sistema de valoración que supón a incorporación do traballo corrente ou acumulado de acordo cos salarios e as rendas do capital, cousa que pon de manifesto implicitamente que a posesión privada dos bens de capital -traballo acumulado- a través da iniciativa privada e do mercado, asegura a mellor asignación das disponibilidades produtivas. O sistema de asignación socialista fundaméntase en formas máis ou menos diversas de apropiación colectiva da acumulación.

  5. asignación de tránsito [TRANSP]

    Procedemento de asignación de itinerarios aos viaxeiros partindo dun estudo do tránsito entre a orixe e o destino, feito nun mapa isócrono.

Palabras veciñas

asiduidade | asiduo -dua | asigmático -ca | asignación | asignado -da | asignar | asignatario -ria