asignado -da

asignado -da

(< asignar)

  1. p reg

    de asignar.

  2. s m [HIST/ECON]

    Billete creado por Caterina II de Rusia en 1768.

  3. s m [HIST/ECON]

    Billete, precedente do papel moeda, pertencente á emisión hipotecaria feita pola Asamblea Nacional Francesa (1787-1797) con garantía sobre o produto da conversión do patrimonio eclesiástico. En 1790 a asemblea declarou o seu curso forzoso, pero a reiteración indiscriminada das súas emisións anulou os xuros hipotecarios e converteu os asignados nun papel moeda cun inestable poder adquisitivo e con forte tendencia á baixa.

Palabras veciñas

asiduo -dua | asigmático -ca | asignación | asignado -da | asignar | asignatario -ria | Aşïk Paşa