Askarian, Don

Askarian, Don

Realizador cinematográfico. Estudiou Historia e Arte en Moscova entre 1967 e 1973. Comezou a súa carreira como asistente de dirección do realizador Serguei Paradjanov, conxugándoo co seu labor como crítico. Emigrou a Alemaña onde dirixiu todas as súas películas, algunhas das cales obtiveron un enorme éxito nos festivais internacionais. Entre elas: The bear (O oso, 1984), Nagorno Karabakh (1988), Komitas (1988), premiado en Venecia, Manheim e Figueira da Foz, e Avetik (1992) premiada en Róterdan.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Armenia