Asma’ī, al-
Asma’ī, al-
Filólogo árabe, un dos máis representativos da denominada Escola de Basora. A súa reputación de home erudito e estudoso chegou ao Califa Hārūn al-Rasīd quen o chamou á corte de Bagdad como preceptor do seu fillo al-Amīn. Fixo unha recompilación (al-Asma’īyya) de poesía preislámica e escribiu diversas monografías léxicas, das que aínda se recoñece a súa autoridade.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Basora