Asmara

Asmara
Nome científico: [amhárico: Asmera]

Capital de Eritrea (367.300 h [1991]). Situada sobre un altiplano a 2.350 m sobre o nivel do mar, ten un clima benigno. Hai industrias químicas, de vidro e porcelana. Antiga cidade de Abisinia, desde 1880 converteuse en cuartel xeral de Ras Aula, nomeado virrei polo Emperador Xoán IV. Practicamente non tivo relevancia ata que foi ocupada polos italianos en 1889, despois da vitoria obtida sobre o negus Xoán VI en Sa’ati. En 1897 substituíu a Mitsiva como centro da administración de Eritrea, que comprendía tamén as provincias etíopes de Tigre e Danakil. Despois da conquista británica de Eritrea (1941) converteuse en base dos aliados. En 1951 a ONU aprobou a federación de Eritrea con Etiopia, plano que foi aprobado en 1952.