asmoneo -a
asmoneo -a
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos asmoneos.
-
s
[HIST]
Membro dunha familia sacerdotal israelita. Na época da dominación siria, cando Antíoco IV Epífanes suprimiu a liberdade de culto, un membro desta familia, Xudas, principiou a revolta que culminou a independencia xudía. A dinastía asmonea (Xoán Hircano, Aristóbulo I, Alexandre Xaneo, Aristóbulo II, Hircano II) exerceron os poderes civil e relixioso dende o 134 ao 40 a C, sendo substituído no goberno por Herodes, de familia idumea, logo da intervención romana en Xudea.