Asneiro
Asneiro
Afluente do Deza pola esquerda. Nace da confluencia de varios regos, na parroquia de Barrán, concello de Piñor. Ten como principais tributarios o Abeleda e o Leborán, pola esquerda, e o Portos e o Reádigos pola dereita. Desemboca no lugar da Xunta dos Ríos, na parroquia de Cristimil, no concello de Lalín, no límite coas parroquias de Prado (Lalín) e Cortegada (Silleda) logo dun percorrido de 29 km. Drena unha conca de 127,6 km2 e aporta un caudal de 4,2 m3/s.