aspersión

aspersión

(< lat aspersĭo)

  1. s f

    Acción de rociar.

  2. s f [AGR]

    Sistema de rego que consiste en distribuír a auga en forma de chuvia mediante aparellos denominados aspersores. Estes reciben a auga a través de tubos fixos, acoplables ou desacoplables; son móbiles e pódense colocar nos puntos onde se precisen en cada momento determinado. O rego por aspersión comporta unha serie de vantaxes: un notable aforro de auga, facilita a mecanización do cultivo, posibilita a automatización do rego, reduce ata un 50 % a man de obra, etc. Pero o rego por aspersión tamén ten inconvenientes: facilita a aparición de herbas espontáneas ao deixar o solo moi compacto, provoca unha certa perda de auga por evaporación, etc. Está moi recomendado na loita contra as xeadas.

Palabras veciñas

aspermatismo | aspermia | áspero -ra | aspersión | aspersor | aspersorio | asperxes