aspirador -ra
(
-
adx
Que aspira.
Ex: Necesito un aparato aspirador.
-
s
m
-
Aparello que produce movemento de gases ou de líquidos por aspiración, cunha bomba, un extractor, etc.
Ex: Hai que reparar o aspirador da máquina.
-
Aparello empregado para a extracción de fumes e gases. En xeral, só é utilizado cando non se pode instalar un aparello de impulsión ao principio da liña, disposición máis vantaxosa que a de poñelo ao final, de xeito que aspire.
-
[MED]
Aparello utilizado na drenaxe de fluídos presentes nas cavidades do organismo.
-
[TECNOL]
Conduto que enlaza a boca dunha bomba ou dunha turbina coa masa líquida situada no nivel máis baixo. Nas bombas, seguindo o sentido da circulación do líquido, o aspirador é un tubo converxente que fai que o líquido acade progresivamente a velocidade que ha de ter na boca de entrada. Nas turbinas, é un tubo diverxente en forma de tronco de cono ou, máis xeralmente, dun cóbado de 90°, con cambio de sección gradual dende a saída do carrete ata o aspirador.
-
-
máquina aspiradora
Máquina para a limpeza doméstica que saca o po por aspiración. Consta dunha pequena turbina que aspira o po xuntamente co aire a través dun tubo acabado nun bico, que se aplica sobre a superficie que se quere limpar. A aspiradora devolve o aire ao exterior despois de separar o po mediante un ciclón, ou de filtralo facéndoo pasar a través dunha bolsa de papel.