aspirador -ra

aspirador -ra

(

  1. adx

    Que aspira.

    Ex: Necesito un aparato aspirador.

  2. s m
    1. Aparello que produce movemento de gases ou de líquidos por aspiración, cunha bomba, un extractor, etc.

      Ex: Hai que reparar o aspirador da máquina.

    2. Aparello empregado para a extracción de fumes e gases. En xeral, só é utilizado cando non se pode instalar un aparello de impulsión ao principio da liña, disposición máis vantaxosa que a de poñelo ao final, de xeito que aspire.

    3. [MED]

      Aparello utilizado na drenaxe de fluídos presentes nas cavidades do organismo.

    4. [TECNOL]

      Conduto que enlaza a boca dunha bomba ou dunha turbina coa masa líquida situada no nivel máis baixo. Nas bombas, seguindo o sentido da circulación do líquido, o aspirador é un tubo converxente que fai que o líquido acade progresivamente a velocidade que ha de ter na boca de entrada. Nas turbinas, é un tubo diverxente en forma de tronco de cono ou, máis xeralmente, dun cóbado de 90°, con cambio de sección gradual dende a saída do carrete ata o aspirador.

  3. máquina aspiradora

    Máquina para a limpeza doméstica que saca o po por aspiración. Consta dunha pequena turbina que aspira o po xuntamente co aire a través dun tubo acabado nun bico, que se aplica sobre a superficie que se quere limpar. A aspiradora devolve o aire ao exterior despois de separar o po mediante un ciclón, ou de filtralo facéndoo pasar a través dunha bolsa de papel.

Palabras veciñas

aspiración | Aspiración, La | aspirado -da | aspirador -ra | aspirante | aspirar | aspiratorio -ria