aspirar

aspirar

(

  1. v t

    Introducir nos pulmóns, a través da boca ou do nariz, o aire exterior.

    Ex: Aspirou o aire puro da mañá.

    Sinónimos: inspirar. Antónimos: expirar. Confrontacións: respirar.
  2. v t

    Introducir nos pulmóns, polo nariz ou pola boca, un gas ou unha substancia disolta no aire, o mesmo tempo que se respira.

    Ex: Aspirou o narcótico que lle ofrecía o médico para mitigar a dor.

    Sinónimos: inhalar.
  3. v i

    Poñer alguén os medios para a obtención dalgunha cousa.

    Ex: Aspira ó premio Nadal cunha novela sobre o mundo dos nenos.

    Confrontacións: pretender.
  4. v t [LING]

    Pronunciar un son cun ruído gutural debido á expulsión do aire a través da glote aberta.

    Ex: Os alemáns aspiran as oclusivas xordas.

  5. v t [TECNOL]

    Desprazar un fluído mediante a depresión creada por unha bomba, un ventilador, unha turbina, un motor alternativo, etc, para obter un caudal continuo deste fluído, ou para recoller ou transportar, vehiculados por aquel, outros fluídos ou sólidos de pouco peso respecto á forza de aspiración.

Conxugar
VERBO aspirar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aspiro
aspiras
aspira
aspiramos
aspirades
aspiran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aspiraba
aspirabas
aspiraba
aspirabamos
aspirabades
aspiraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aspirei
aspiraches
aspirou
aspiramos
aspirastes
aspiraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aspirara
aspiraras
aspirara
aspiraramos
aspirarades
aspiraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aspirarei
aspirarás
aspirará
aspiraremos
aspiraredes
aspirarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aspiraría
aspirarías
aspiraría
aspirariamos
aspirariades
aspirarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aspire
aspires
aspire
aspiremos
aspiredes
aspiren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aspirase
aspirases
aspirase
aspirasemos
aspirasedes
aspirasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aspirar
aspirares
aspirar
aspirarmos
aspirardes
aspiraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
aspira
-
-
aspirade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aspirar
aspirares
aspirar
aspirarmos
aspirardes
aspiraren
Xerundio aspirando
Participio aspirado
aspirada
aspirados
aspiradas