aspirante

aspirante

(< aspirar)

  1. adx

    Que aspira.

    Ex: Construíron unha bomba aspirante de considerables dimensións.

  2. adx e s

    Persoa que aspira a un cargo, un título, unha dignidade, etc.

    Ex: Os aspirantes á praza de director obtiveron menos puntos do normal. A profesora aspirante á catedra de latín é de Culleredo.

  3. adx e s [DEP]

    Deportista ou equipo deportivo que compite co campión da súa especialidade para intentar gañar o título que aquel posúe.

    Ex: O equipo aspirante derrotou o gañador da anterior edición. En boxeo, o aspirante sempre debe arriscar un pouco máis.