aspiración
(
-
s
f
Acción e efecto de aspirar.
Ex: A aspiración do enfermo era moi traballosa.
Sinónimos: inspiración. Antónimos: expiración. Confrontacións: respiración. -
s
f
Esperanza de acadar algunha cousa.
Ex: A súa máxima aspiración era chegar á cima do Everest.
Sinónimos: ansia, devezo, ilusión, soño. -
s
f
[FÍS/TECNOL]
-
Nos motores térmicos alternativos, acción de aspirar o aire (motor diesel) ou a mestura de combustible (motor de explosión) cara ao interior do cilindro, polo efecto de succión que provocan os émbolos dos pistóns.
-
Nos motores térmicos rotativos (turbinas), acción de aspirar o aire cara ao interior da cámara do compresor, polo efecto de succión que provoca o xiro do rotor.
-
Conxunto de tubos, condutos, colectores, etc, que canalizan o aire ou a mestura de combustible cara ao interior dos cilindros dun motor ou da cámara de compresión dunha turbina.
-
-
s
f
[FÍS/TECNOL]
Acción de aspirar un líquido cara ao interior da cámara dunha bomba, polo efecto de succión que provoca o xiro dun carrete ou o desprazamento mecánico de pistóns, engrenaxes, pas, etc.
-
s
f
[LING]
Característica fundamental dalgúns fonemas, chamados por iso aspirados, cunha realización que consiste nun sopro, xordo ou sonoro, localizado no veo do padal, úvula, farinxe ou larinxe.
-
[MED]
-
s
f
Evacuación mediante o aspirador de secrecións normais ou patolóxicas, especialmente da árbore bronquial.
-
aspiración endodixestiva
Aspiración usada con finalidade diagnóstica (sondaxe gástrica ou biliar) ou con finalidade terapéutica, como no caso da aspiración endodixestiva continua, usada nos afectados de parálise intestinal para drenar constantemente, mediante unha sonda, os zumes gástricos.
-
aspiración endouterina
Aspiración e evacuación do contido da matriz. Cando se fai co propósito de interromper voluntariamente o embarazo chámaselle tamén método de Karman.
-
aspiración pleural
Aspiración de contidos pleurais patolóxicos (derramamentos, sangue, gas, etc).
-
s
f
-
s
f
[PAT]
Penetración, na árbore bronquial e nos pulmóns, de corpos estraños aspirados do exterior ou do interior do organismo. Pode ocasionar atelectasia pulmonar, pneumonía por aspiración e asfixia.
-
aspiración diastólica
[FISIOL]
Fenómeno polo cal os ventrículos do corazón se enchen pasivamente de sangue durante a diástole.
-
aspiración medular
[MED]
Técnica de diagnóstico que consiste en obter unha mostra de tecido medular mediante unha punción nun óso facilmente accesible (esterno, crestas ilíacas, vértebras, etc). A mostra obtida é sometida a tinguiduras e obsérvase no microscopio, para determinar a cantidade de células e establecer a relación entre os diferentes tipos de células presentes.
-
nivel de aspiracións
[PSIC]
Nivel ideal que se desexaría alcanzar para a satisfacción das necesidades e desexos.