inspiración

inspiración

(

  1. s f

    Acción de coller aire nos pulmóns.

    Ex: A inspiración é un acto reflexo.

    Sinónimos: aspiración, eispnea. Antónimos: expiración.
  2. s f

    Idea ou pensamento que xorde de forma espontánea.

    Ex: A inspiración para o cadro tívoa durante a noite.

  3. s f

    Impulso creador que se manifesta de forma inesperada.

    Ex: Concibiu a obra teatral nun momento de inspiración.

  4. s f

    Acción de inspirarse.

    Ex: Compuxo un poema de inspiración renacentista.

Palabras veciñas

inspeccionar | inspector -ra | inspirable | inspiración | inspirado -da | inspirador -ra | inspirar