astigmatismo
astigmatismo
(
-
s
m
[PAT]
Alteración da refracción do ollo, como consecuencia de que as distancias focais dos diferentes meridianos do globo ocular, principalmente os da curvatura córnea, non son iguais.
-
s
m
[FÍS]
Aberración dun sistema óptico que consiste no feito de que a imaxe dun punto obxecto non é un punto senón dúas rectas (rectas focais de Sturm), perpendiculares entre si. Preséntase tanto en sistemas de revolución como noutros sistemas (lentes cilíndricas e tóricas, ou o ollo astigmático). A causa desta aberración consiste en que a superficie da onda emerxente do sistema óptico non é esférica, senón que ten dous centros de curvatura.