Astillero, El
Astillero, El
Municipio da Comunidade Autónoma de Cantabria, na ribeira do Mar Cantábrico (13.010 h [1996]). Localizado nas inmediacións de Santander, mantén estreitos vencellos funcionais con esta cidade. As principais actividades económicas son a industria metalúrxica, alimenticia e de construción e reparación de navíos (Astilleros de Santander). No tempo de Carlos III, ao remate do s XVIII, establecéronse alí os estaleiros da armada real, dándolle o nome ao lugar.