Astraeus
Astraeus
[FUNGO]
Xénero de fungos da familia das astreáceas que presenta corpos frutíferos co himenio cuberto por unha capa grosa que, ao madurecer e en condicións de humidade, féndese en estrela, elevando a masa fértil interna. En Galicia é común, no solo das carballeiras, a especie A. hygrometricus.