astrágalo

astrágalo

(< lat astragălu < gr ἀστράγαλος‘pequeno oso’)

  1. s m [ANAT]

    Óso curto de seis caras que monta sobre o calcañar e que forma a parte superior do tarso. Articula, nos vertebrados amniotas, os ósos do pé (calcañar) cos da perna (tibia e peroné).

  2. s m [ARTE]
    1. Elemento decorativo en forma de disco ou doa. Nas ordes arquitectónicas clásicas, o astrágalo ocupa a posición inmediatamente inferior ao capitel e alterna semiesferas e discos de canto. Forma parte do fuste.

    2. Calquera moldura situada na parte superior do fuste.

  3. s m [BÉL]

    Anel que rodea o canón dunha arma cerca da boca.

  4. s m [CONSTR]

    Moldura convexa semicircular (máis comunmente chamada mediacana) ou de tres cuartos de círculo.

    Confrontacións: imposta.
  5. s m [XOGO]

    Diversión consistente en lanzar ao aire un astrágalo, normalmente dun pequeno mamífero, mentres se fan certas combinacións coas outras; entra tamén nas regras do xogo o lado en que caía a peza lanzada ao aire. Cos anos, as pezas pasaron a ser plásticas e máis estilizadas, aínda que segue a xogarse ao xeito tradicional. Xa na Antigüidade grega e romana existía este xogo, aínda que o astrágalo era só de cordeiro, tal e como aparece representado nas pinturas de vasos e nos murais pompeianos.

Palabras veciñas

astracanita | Astraea | Astraeus | astrágalo | Astragalus | ástrago | Astrain