astronómico -ca

astronómico -ca

(< astronomía)

  1. [ASTRON]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á Astronomía.

    2. adx

      De acordo cos métodos ou principios da Astronomía.

    3. unidade astronómica [UA]

      Unidade de distancia igual á distancia media da Terra ao Sol. Equivale aproximadamente a 149.600.000 km. Con esta unidade mídense as distancias do Sistema Solar. Para as distancias extragalácticas emprégase, preferentemente, o parsec.

  2. adx

    Moi alto, moi elevado.

    Ex: A roupa dese comercio do centro ten uns prezos astronómicos.

Palabras veciñas

astrónimo | astronomía | Astronomia nova | astronómico -ca | astrónomo -ma | Astrónomo, O | astroquímica