astucia
astucia
(< lat astutĭa)
-
s
f
Calidade de astuto.
Ex: Actuou con astucia para lograr o ascenso.
Confrontacións: finura. -
s
f
Acto de astucia.
Ex: Empregou a astucia para conseguir os seus propósitos.
-
s
f
Modo enxeñoso, astuto, de conseguir algo.
Ex: A astucia aconsella agardar o momento axeitado para pedir as cousas.
Sinónimos: argucia, artimaña, estrataxema. -
s
f
Habilidade para conseguir algo empregando mentiras ou trucos.
Ex: A súa farsa non foi máis ca unha astucia para marchar de alí.
Sinónimos: engano, picardía. Confrontacións: falacia. -
s
f
[DER]
Circunstancia agravante da responsabilidade criminal que consiste no uso dunha estratexia ou artificio dunha certa importancia e idoneidade que facilita a comisión do delito.
Refráns
- A metade do ano con arte e engano; e a outra parte con engano e arte.
- Cando o lobo vai roubar, lonxe das casas vaina buscar.
- Haí quen mete os cans na bouza e queda fóra.
- Has de collelas con tento e has de matalas calando.
- Neste mundo redondo, o que non sabe nadar vaise ao fondo.
- O lobo vello de noite oubea.
- O lume do ladrón dúas brasas e un tizón.
- Quen non sabe pedir non sabe vivir.
- Sirve a teu amo a sabor, se queres, de servidor, vir a ser señor.
- Vin poucas mulleres, cal miña comadre: todos a enganala e non haí quen a engane.
- ¡Palabra! -díxolle o lobo á cabra, para ver se a aloumiñaba.
- ¡Pobriñas! Abrenvos tarde e non comedes -dixo o raposo ás galiñas.