Asunción

Asunción

Capital do Paraguai, situada na beira esquerda do río Paraguai fronte á afluencia do Pilcomayo e tocando na fronteira arxentina (546.637 h [1994]). É o principal centro cultural, industrial e comercial do país. A importancia comercial de Asunción vai ligada á existencia do seu porto fluvial sobre o río Paraguai, a 1.500 km do Atlántico. A fundación de Asunción tivo lugar coa chegada en masa dos habitantes de Bos Aires e da Candelaria en 1541. Durante o s XVIII foi o centro do movemento crioulo dos comuneiros, duramente reprimidos.