atacamita
atacamita
(
s
f
[MINERAL]
Oxicloruro de cobre hidratado, de fórmula Cu2 (OH)3 Cl. Cristaliza na singonia rómbica. Preséntase en agregados ou en grans nas areas. É de cor verde, translúcida, de resplandor vítreo e de boa exfoliación. Ten dureza 3-3,5 e peso específico 3,74-3,78. Opticamente é biaxial negativo. Aparece comunmente asociada coa cuprita e a malaquita.