atacar
(< ital attacare ‘atar, xuntar’)
-
v t
Encher un espacio con algunha cousa (unha arma de fogo, o tabaco nunha pipa, a pólvora dun barreno, etc) e despois exercer presión sobre esa cousa.
Ex: Puxeron grava no foxo e despois atacárono. A cantidade de xente que acudiu ó concerto atacou o estadio. Fai o favor de atacar a caixa do lixo.
Sinónimos: abarrotar, ateigar. Confrontacións: acugular. -
v t
Acometer a alguén coa intención de causarlle dano de palabra ou obra ou ben para vencelo.
Ex: Atacáronnos, pero non conseguiron roubarnos. A epidemia atacou á poboación. Atacou as teorías do fiscal con elocuencia.
Confrontacións: agredir, asaltar. -
v t
Comezar algunha cousa a ter influencia sobre outra ou sobre alguén.
Ex: Cando naceu o seu irmán máis novo, atacouno a envexa.
-
v t
Dar a primeira acometida á execución dalgunha cousa.
Ex: Andamos con atraso e atacamos o traballo.
-
v t
Facer comer a alguén ata que non poida máis.
Ex: Tanto ataca o home que está gordo como un boi.
-
v pron
Atrancarse ou cubrirse un conduto ou calquera espazo de tránsito.
Ex: Atacouse o cano da auga coas pedras que lle chegaron.
-
v pron
Comer en gran cantidade ata quedar farto.
Ex: Atacouse de lambetadas e agora non vai querer xantar.
-
v t
[MÚS]
Comezar a facer soar unha ou diversas notas á vez.
-
v t
[QUÍM]
Facer reaccionar unha substancia con outra co fin de provocar na primeira unha acción destrutora gradual.
-
v t
[TECNOL]
Actuar un mecanismo, un instrumento, sobre a superficie dun obxecto para producir un efecto determinado, como unha mecanización, a transmisión dun movemento, etc.
Frases feitas
-
Atacar as barazas. Aforrar gastos na comida.
Palabras veciñas
Atacama, fosa de | atacamita | atacante | atacar | atáctico -ca | atacuñar | atadalloIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ataco
atacas
ataca
atacamos
atacades
atacan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atacaba
atacabas
atacaba
atacabamos
atacabades
atacaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ataquei
atacaches
atacou
atacamos
atacastes
atacaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atacara
atacaras
atacara
atacaramos
atacarades
atacaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atacarei
atacarás
atacará
atacaremos
atacaredes
atacarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atacaría
atacarías
atacaría
atacariamos
atacariades
atacarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ataque
ataques
ataque
ataquemos
ataquedes
ataquen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atacase
atacases
atacase
atacasemos
atacasedes
atacasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atacar
atacares
atacar
atacarmos
atacardes
atacaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
ataca
-
-
atacade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atacar
atacares
atacar
atacarmos
atacardes
atacaren
atacada
atacados
atacadas